O Concello impulsa un obradoiro de memoria para maiores de 60 anos

AMariñaXa
As sesións desenvolveranse do 1 de xullo ao 8 de agosto e permitirán traballar a saúde cognitiva nun ambiente distendido e participativo
taller-de-memoria
17 Jun 2025

O departamento de Servizos Sociais, a través do programa de Educación Familiar, vén de anunciar a posta en marcha dun novo ciclo de encontros dirixidos a persoas maiores de 60 anos. Baixo o título “Encontros para a saúde: obradoiro de memoria”, a actividade desenvolverase entre o 1 de xullo e o 8 de agosto e busca fomentar a estimulación cognitiva e a socialización dos participantes nun ambiente ameno e enriquecedor.

O prazo de inscrición estará aberto entre o 16 e o 30 de xuño, e para anotarse cómpre chamar ao número 982 592 001 e preguntar por Cristina, segundo informaron fontes da organización.

A iniciativa ten como obxectivo fortalecer a memoria, a atención e outras capacidades mentais que se poden ver afectadas co paso dos anos.

Este tipo de actividades non só teñen beneficios a nivel individual, senón que tamén contribúen a combater a soidade non desexada, unha das principais preocupacións do colectivo de persoas maiores. Ao longo das sesións, realizaranse exercicios prácticos, xogos de memoria, dinámicas de grupo e pequenas propostas lúdicas orientadas a mellorar a calidade de vida das persoas asistentes.

⚙ Configurar cookies
0.17188906669617