Cervo fomenta a plantación de árbores froiteiras e autóctonas cun pedido conxunto

AMariñaXa
A iniciativa, que leva case unha década en marcha, permite á veciñanza aforrar custos e contribuír á conservación dos ecosistemas e á loita contra o cambio climático
Arbores-cervo-pedido-conxunto-2025
8 Feb 2025

A alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, entregaron as árbores froiteiras e autóctonas aos veciños e veciñas que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello se leva tramitando dende fai case unha década.

Tal e como precisaron con iniciativas como esta o que “pretendemos é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas, e queremos seguir animando á veciñanza a continuar plantando árbores porque é unha forma efectiva de contribuír á conservación dos ecosistemas e de loitar contra o cambio climático”.

O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, -precisou- “un importante aforro aos veciños e ás veciñas que solicitaron as árbores”, que nesta ocasión foron especies moi variadas ata 36 diferentes: maceiras, pereiras, cerdeiras, castiñeiros, aguacateiros…

O número de exemplares entregados nesta ocasión foi de 91 árbores solicitados por unha decena de veciños.

0.17994284629822