O Concello está a acometer melloras na rúa Virxe Branca de Rinlo

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo está a acometer melloras na rúa Virxe Branca de Rinlo cun investimento que ascende a 47.000 euros
18 Nov 2021

O Concello de Ribadeo está a acometer melloras na rúa Virxe Branca de Rinlo cun investimento que ascende a 47.000 euros e están dentro das levadas a cabo na Área de Rehabilitación Integral deste núcleo

Estas obras, que xa se iniciaron hai uns días, están indo a bo ritmo e estarán rematada nun prazo de 2 a 3 semanas.

As tarefas que se están a levar a cabo son traballos de pavimentación, colocación dunha soleira nova de formigón desactivado ao longo de toda a rúa, e tamén cambiar as luminarias existentes por outras con mellor eficiencia enerxética.

0.18230986595154