O Concello entregou os premios do X Concurso Fotográfico Cervo Respecta

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, vén de entregar os premios do X Concurso fotográfico de Medio Ambiente “Cervo Respecta” nun acto que tivo lugar na contorna do Faro da Atalaia, en San Ciprián, respectando todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
rabade_bng
26 Ago 2020

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, vén de entregar os premios do X Concurso fotográfico de Medio Ambiente “Cervo Respecta” nun acto que tivo lugar na contorna do Faro da Atalaia, en San Ciprián, respectando todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.

No certame participaron un total de 43 instantáneas e había en xogo tres premios, un primeiro, un segundo e un premio Top Cervo á mellor fotografía sobre algún paraxe do noso municipio.

O primeiro premio e tamén o recoñecemento Top Cervo recaeron na obra o  "Embalse de Río Cobo",  de Antonio Herrera Huerta (Fuenlabrada) que sumou 51 puntos do xurado; o segundo premio foi para a instantánea "Vigía" de Iván Alperi López (Noreña) que acadou 50 puntos.

Ademais, desde a delegación de Medio Ambiente tamén quixeron ter un recoñecemento especial coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña pola súa participación en grupo e polo seu compromiso e implicación en todas e cada unha das iniciativas que se programan no noso Concello.

Os premios deste certame tradicionalmente entregábanse coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño, pero dadas as circunstancias excepcionais o Concello decidiu pospoñer o acto ata agora; “Decidimos seguir adiante con este certame tan arraigado xa no noso municipio buscando a fórmula para poder convocalo sendo fieis en todo momento ás recomendacións sanitarias ante a pandemia do coronavirus; e o formato do concurso, co envío telemático das fotografías en formato dixital, facilitounos o poder celebralo”, explicou Méndez.

O certame forma parte dun completo programa de actividades de divulgación e de concienciación ambiental que se ven promovendo ano tras ano desde a delegación de Medio Ambiente en diferentes ámbitos e dirixido ás diferentes franxas de idade; que este ano se viu forzosamente minguado dada a incidencia do COVID-19.

0.11088895797729