O Concello e o Burela FS colaboran para fortalecer os valores do deporte e a igualdade de xénero

AMariñaXa
O Concello de Burela e o Burela FS colaboran coa USC para fortalecer os valores do deporte, a integración social e a igualdade de xénero
Burela corresponsables
2 Mar 2023

O Concello de Burela e o Burela FS colaboran coa Universidade de Santiago de Compostela para fortalecer os valores do deporte, a integración social e a igualdade de xénero con diferentes actividades.

Será unha actividade que se fará o domingo 5 de marzo no pavillón Monte Castelo e conta cun máximo de 50 prazas.

Traballaránse aspectos coma a comunicación e cohesión grupal, importancia de roles, cooperación, esforzo, etc., co obxetivo de que os rapaces e rapazas sexan conscientes da importancia destes aspectos no eido deportivo e na vida en xeral.

A actividade será dirixida por un psicólogo especialista no deporte e varios educadores físicos con amplia experiencia en deportes colectivos.

Dúas partes compoñen a actividade, unha pequena introducción teórica sobres os aspectos máis relevantes da temática, seguida dunha parte práctica na que se manifestarán os contados adquiridos.

A inscrición é gratutita e realizaráse exclusivamente nesta web por parte da nai/pai/titor ou persoa responsable. No caso de que unha persoa inscrita finalmente non poida acudir solicitamos que o comunique no apartado do menú inicial “contacta connosco” para poder liberar esa praza.

Se é preciso contactar pode facerse no correo electrónico: escuelasdeportivas@burelafs.org

Burela corresponsables
0.22719383239746