O Concello do Vicedo selecciona un peón de recollida de lixo
AMariñaXa
O Concello do Vicedo expuxo as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun peón de recollida de lixo
31 Ago 2022
O Concello do Vicedo expuxo as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun peón de recollida de lixo a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello.
A data de inicio prevista é o día 16 de setembro de 2022, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.
O prazo de inscrición remata o día 5 de setembro de 2022 e a selección realizarase o día 6 ás 10:30 na Casa do Concello. Para máis información e inscricións pasar pola casa do concello, ou picando na seguinte ligazón.