O Vicedo mellorará a calidade do abastecemento de auga

AMariñaXa
O Concello do Vicedo quere mellorar a calidade da auga de abastecemento municipal realizando obras na ETAP e no depósito de San Román.
concello do vicedo casa consistorial
31 Xan 2022

O Concello do Vicedo quere mellorar a calidade da auga de abastecemento municipal realizando obras na ETAP e no depósito de San Román.

Estes traballos de mellora consisten no baleirado e reparación de filtro de area, automatización e instrumentación da ETAP e instalación de sistema de telecontrol en depósito.

As actuacións, que contan cun orzamento de 48.116,19 euros con ive engadido, contan cunha aportación municipal de 9.623,24 euros o que supón o 20% do total e o restante está financiado por Augas de Galicia a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixe REACT - UE do programa operativo Feder - Galicia 2014 - 2020.

0.14901089668274