O Concello do Valadouro recepcionará aos Reis Magos no pavillón municipal
O Concello do Valadouro recepcionará aos Reis Magos a partir das 19.00 horas no pavillón polideportivo municipal. Nesta ocasión, e por motivos de seguridade e saúde cidadá, a delegación de cultura ofrecerá ós Reis Magos de Oriente unha recepción para poder facer fronte a todas as medidas de seguridade anticovid-19.
Non haberá Cabalgata polas rúas de Ferreira, como outros anos, para evitar aglomeracións e cambiase o espazo para garantir a distancia de seguridade e a ventilación para que todos e todas podamos disfrutar da Recepción.
Nesta recepción ofrecerase un espectáculo de música Brais Das Hortas e o seu Consertasso na horta. Unha ducia de cancións da casa, directamente traídas da horta, fresquiñas e variadas.
Desde o trap da Santa Compaña, ata os kiwis da veciña, pasando polas cabras que tiran para o monte comunal ou o lagharto arnau que está ao sol tumbao. Todo isto e máis ten cabida nete divertido concerto para toda a familia, cheo de enerxía e humor.
Despois do concerto, por orde e con distancia, cada neno pode pasar xunto da súa Maxestade favorita para pedirlle os seus desexos e sacar a fotografía de recordo.