O Concello do Valadouro porá en marcha un centro sociocomunitario

AMariñaXa
O novo programa de atención aos maiores e envellecemento saudable será ofrecido por técnicos da Cruz Vermella
Presentacion-Centro-Sociocomunitario-Valadouro-2025
5 Feb 2025

O Concello do Valadouro porá en  marcha un centro sociocomunitario no local dos baixos municipais situado ao  lado do ximnasio municipal e do colexio público.

Trátase dun programa de atención aos maiores e envellecemento saudable  gratuíto para os usuarios que se dirixe ás persoas maiores de 65 anos  empadroadas no municipio. Será impartido pola Cruz Vermella e contará co  financiamento da Xunta de Galicia.

O alcalde, José Manuel Lamela, explicou que “o proxecto está avanzado e se poñerá en marcha despois  de que o Concello firme os convenios coa Xunta e coa Cruz Vermella”.

O programa ten como obxectivo mellorar a calidade de vida e o benestar dos  maiores do municipio e ofrecer a posibilidade de manterse activos e saudables  no seu propio municipio. O centro sociocomunitario permite compartir  actividades guiadas por un técnico de intervención terapéutica e un técnico de  atención sociosanitaria.

Os talleres do centro sociocomunitario desenvolverase en base a cinco áreas de  intervención: cognitiva, física, funcional, social e emocional.

Está previsto que as actividades se desenvolvan os luns, mércores e venres en  horario de 10.00 a 13.00 horas e que, posteriormente, se amplíen aos cinco días  da semana: de luns a venres.

As persoas interesadas poden contactar cos servizos sociais do Concello.

0.17605781555176