O Concello do Valadouro oferta múltiples actividades para as persoas adultas
O Concello do Valadouro propón actividades para as persoas adultas. A duración prevista é dende novembro de 2024 ata maio de 2025.
Ofrecen actividades como ximnasia de mantemento, de luns a mércores de 10.00 horas a 11.00 horas (Ferreira) e o venres de 17.30 a 18.30 horas (O Cadramón); ioga, os xoves de 20.45 a 21.45 horas; e pilates, o martes de 20.45 a 21.45 horas.
Máis aló do deporte, actividades de novas tecnoloxías, os martes, dende febrero ata maio con horario pendente de confirmar. Tamén un taller de memoria, os luns de 17.15 a 18.15 horas (Ferreira) e o venres de 18.30 a 19.30 horas (O Cadramón). Para rematar coa proposta unha actividade de envellecemento activo, os mércores de 19.00 a 20.00 horas.
As solicitudes serán cursadas polas persoas participantes e remata o prazo este xoves ás 14.00 horas.