O Concello do Valadouro cede a pista de andadura á Asociación Cabaleiros do Ouro
O Concello do Valadouro aprobou en Pleno a cesión da pista de andadura á Asociación Cabaleiros do Ouro. A devandita cesión farase a través dun convenio que terá unha duración de dous anos e será prorrogable ano a ano así como unha axuda á asociación de 3.000 euros para realizar actividades.
O edil de deportes, Eliseo Teijeiro, dixo que "son un grupo de xente do mundo do cabalo que queren facer uso desas instalacións pois estaban sen uso". Así mesmo engadiu que lles gustaría recuperar as actividades e avanzou que xa teñen previsto facer un campionato puntuable para o Campionato Galego de Andadura.
A concelleira de Udival, María José Fernándezm amosou o seu acordo coa idea malia "esperamos que saia adiante xa que foi moita o investimento que se fixo no seu tempo para tela sen actividade".