O Concello do Valadouro cede á comunidade de montes de Vilacampa a antiga escola unitaria por dúas décadas

AMariñaXa
O inmoble destinarase a usos veciñais, como almacén ou espazo para xuntanzas comunitarias
Valadouro-escola-Vilacampa-2008
11 Jun 2025

O Concello do Valadouro vén de aprobar a cesión de uso do edificio da antiga escola unitaria de Vilacampa á comunidade de montes desta parroquia, por un período inicial de 20 anos. A decisión, adoptada por unanimidade, busca dar unha nova vida a un inmoble en desuso, reforzando ao mesmo tempo o papel da veciñanza na xestión e dinamización dos recursos locais.

Segundo explicou o goberno local, a cesión permitirá que a comunidade de montes poida empregar o edificio para usos cotiáns, como a realización de reunións, actividades comunitarias ou mesmo como espazo de almacenamento, segundo as necesidades que vaian xurdindo no día a día. O acordo recolle o compromiso de manter o inmoble en boas condicións e garantir o seu uso para fins non lucrativos e de interese social.

O Concello destaca que este tipo de cesións permiten aproveitar mellor os recursos públicos e dinamizar o tecido asociativo do rural, promovendo a participación directa da cidadanía na xestión do territorio.

⚙ Configurar cookies
0.16257309913635