O Concello do Valadouro asume a titularidade da vía LU-163

AMariñaXa
O Concello do Valadouro asume a titularidade da vía LU-163 e terá a responsabilidade da súa conservacióne mantemento
LU 163 valadouro
9 Out 2022

O Consello da Xunta autorizou o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello do Valadouro da estrada LU-163 na súa totalidade, xunto co seu dominio público viario asociado.

O Concello do Valadouro solicitou a cesión de titularidade do treito urbano da estrada autonómica LU-163 co fin de poder realizar o arranxo do desaugadoiro da fonte pública situada no seu punto quilométrico 0+850.

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de executar unha rehabilitación do pavimento da estrada LU-163, na cal se investiron 48.331,13 €, previamente a este cambio de titularidade, coa que se repararon os puntos en que o firme estaba deteriorado e se dispuxo unha capa de rodaxe con microaglomerado.

O treito obxecto da transferencia ten a consideración de urbano para os efectos da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

Este tramo, comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 1+380, correspóndese cun resto de 1.830 metros de lonxitude da actual LU-162, cuxo tráfico é local.

A transferencia tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade aprobado hoxe polo Consello da Xunta, o Concello terá a competencia para actuar nesta vía e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

O decreto aprobado hoxe polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

LU 163 valadouro gande
0.1960129737854