O Concello despide esta edición do programa Cervo Concilia No Nadal

O Concello de Cervo amósase satisfeito pola boa acollida desta edición do programa Cervo Concilia no Nadal que chega ao seu fin ao igual que as vacacións dos máis pequenos. É unha iniciativa co fin de favorecer a conciliación o máximo posible con distintas actividades creativas, xogos e de aprendizaxe.
Permitiron crear momentos para o recordo entre os máis de 60 pequenos e pequenas que participaron, xogaron e tiraron de imaxinación. O Concello tamén destacou a visita dos Reis Magos á Residencia y Centro de Día San Ciprián con agasallos para os maiores nun día cheo de ilusión.