O Concello de Xove xa ten listo o calendario 2021 co que agasallará aos veciños

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Xove xa ten listo o calendario 2021 co que agasallará aos veciños desexándolles unhas boas festas de Nadal.
15 Dec 2020

O Concello de Xove presentou o calendario 2021 co que agasallará aos veciños desexándolles unhas boas festas de Nadal.

"Dende hai anos o Concello elabora un calendario para os veciños e lles desexa un Bo Nadal e un Felíz Aninovo 2021", di o alcalde Demetrio Salgueiro, "este ano está adicado ás asociacións xovenses".

Dende o Concello agradécese a tódalas asociacións de clubes que desinteresadamente prestaron as fotos para este calendario.

0.15068507194519