O Concello de Xove substitúe os ordenadores da aula de informática
O Concello de Xove vén de substituir os vellos ordenadores da aula de informática da Omix por novos equipos. "Este equipamento estaba bastante gastado e deteriorado, dahí que o Concello decidira sustituir os ordenadores por uns novos", din dende o equipo de goberno local.
Estes últimos días procedeuse á renovación completa e xa lucen os oito novos ordenadores de 22 pulgadas instalados, acompañado cada ordenador dunha serie de equipamentos como poden ser os discos , teclados e útiles.
Esta aula ubicada nun local do Concello dispón dende hai bastantes anos dunha aula informática na cal se levan organizado multitude de cursos informáticos de todo tipo, tanto para xente nova como para adultos. Ademáis úsase a diario para que os rapaces poidan realizar os seus traballos e tamén conectarse.