O Concello de Xove remata as obras de mellora do polideportivo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Xove vén de comunicar que aproveitando o estado de alarma fixeron obras de mellora no polideportivo municipal.
bng bombeiros
3 Jun 2020

O Concello de Xove vén de comunicar que aproveitando o estado de alarma fixeron obras de mellora no polideportivo municipal.

Este pavillón úsase para todo tipo de deportes e actividades festivas e culturais, e "eran unhas obras necesarias para o polideportivo, e consistiron no cambio completo da cuberta e a insonorización con cobertura de chapa metálica", di o alcalde Demetrio Salgueiro.

Estas obras foron acometidas con fondos propios do Concello e ascenderon a preto de 100.000 euros, e xa están rematadas a espera de que a normativa da crise sanitaria de permiso para o uso de este tipo de instalacións.

"Xa se pode usar, tan so falta a limpeza final é atópase nunhas condicións perfectas para o seu uso. Aproveitamos este tempo para facelas e non molestar aos usuarios", di o alcalde.

Por outra banda están a acometer obras de mellora de accesos en diferentes núcleos co Plan de Camiños da Xunta, e amañouse a estrada de Ventoselle cos Cortellos na parroquia da Rigueira.

Ademais teñen en execución a obra do POS correspondente a o ano 2019 2020 e que consiste en melloras en Rigueira, unha mellora importante ao acceso a urbanización Palmeiro e ao núcleo de Vila.

mr_bruxelas

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17663598060608