O Concello de Xove presenta o seu programa con motivo do 25N

AMariñaXa
Con especial participación nos actos do alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón
xove-25n
22 Nov 2024

Dende a Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e políticas de Igualdade
do Concello de Xove organízase durante a próxima semana unha serie de actos en conmemoración do 25N.

Dende o Concello consideran vital para cambiar o futuro o traballo coas novas xeracións na concienciación e na importancia da educación en igualdade, para combater a violencia machista.

Así proxectarase o 25 de novembro 'Viñetas Narradas' polo alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón, ás 11.00 horas no Salón de Actos. A continuación, a lectura do manifesto e creación de un gran lazo morado na praza do Concello, simbolizando a importancia de cada voz na unidade fronte á violencia contra as mulleres.

Tamén 0 25 de novembro terá lugar a decoración da fachada da Casa Consistorial co lazo morado, símbolo da loita contra a violencia machista. Xa o día 2 de decembro haberá o taller 'Os cambios na pubertade e a chegada da mestruación', dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, ás 10.30 horas no Salón de Actos.

Xa o 9 de novembro terá lugar o encontro e debate 'Hai saída grazas a ti', co alumnado de 1ºe 2º da ESO do IES Illa de Sarón, ás 11.00 horas, no Salón de Actos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17947697639465