O Concello de Xove prepara unha campaña de control, tratamento e esterilización de gatos

AMariñaXa
O Concello de Xove prepara unha campaña de control, tratamento e esterilización de gatos por mor do aumento de gatos abandonados
gato rua 2
10 Nov 2021

O Concello de Xove prepara unha campaña de control, tratamento e esterilización de gatos por mor do aumento de gatos abandonados que se está producindo.

Esto deriva nun problema de salubridade pública e hixiene cada vez máis difícil de atallar e en uso das súas competencias en salubridade pública que a Lei Reguladora das Bases de Réxime Local lle outorga, o Concello, en colaboración cos servizos veterinarios e coa supervisión e control do Seprona e os Vixiantes Municipais, vai levar a cabo unha campaña de control, tratamento e esterilización dos gatos abandonados.

Procederase á xestión ética das colonias felinas que cohabitan no pobo mediante o proceso de captura para a súa marcaxe, esterilización e control sanitario, coa finalidade de evitar a proliferación descontrolada da especie, para finalmente poder retornalos ao seu lugar de orixe.

Simultaneamente porase en marcha unha campaña de búsqueda de fogares para estes animais dispoñendo como destino prioritario a súa entrega para adopción ou acollida temporal, tal e como establece a normativa vixente en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

En consecuencia cabe lembrar aos veciños que a Lei 4/2017, de 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, no seu artigo 9.o) prohibe expresamente alimentar aos animais vagabundos ou extraviados nas vías públicas sen contar coa correspondente autorización municipal, agás situación que pudiesen comprometer o benestar dos animais; feito que se contempla na mesma como unha infracción administrativa de carácter leve.

0.23392796516418