O Concello de Xove prepara un curso de reciclaxe de socorrismo
AMariñaXa
O Concello de Xove acolle un curso para socorrismo en espazos naturais. Este taller será impartido os días 13 e 14 de maio en horario
2 Maio 2023
O Concello de Xove acolle un curso para socorrismo en espazos naturais. Este taller será impartido os días 13 e 14 de maio en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.
Este curso é para aquelas persoas que xa teñen título de socorrista, pero precisan a súa reciclaxe para cumprir co esixido na normativa para traballar como socorrista en espazos naturais.
O prazo de inscrición remata o día 4 de maio e para máis información será necesario chamar ao 982 592 021.