O Concello de Xove prepara o calendario da tempada de bolos 2020/2021

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Xove vén de preparar o calendario da tempada de bolos 2020/2021.
IMG 20190913 WA0002
13 Out 2020

O Concello de Xove vén de preparar o calendario da tempada de bolos 2020/2021.

Así, púxose en marcha a XXXII Tirada de bolos sénior masculina - XXI Liga Sub 16 - XII Liga sénior feminina - Liga maiores de 60 anos, nas que colaboran o club de bolos Xove, o Ceip Pedro Caselles Román e o Ies Illa de Sarón.

Comezará este sábado día 17 no Centro Social de Lago e continuará o 24 na Rigueira. En novembro, haberá tiradas o 7 en Penasagudas, o 14 no campo municipal de Xove, o 21 no Cruceiro, e o 28 na Vara. Xa en decembro o día 5 será en Vilachá de Portocelo, o 12 en Morás e o 19 en Sumoas.

Tamén está preparado o calenddario de xaneiro, comezando o día 16 no Centro Social de Lago, o 23 na Rigueira e continuará o 30 en Penasagudas. En febreiro haberá tiradas o 6 no campo municipal de Xove, o 20 no Cruceiro, e o 27 na Vara. Xa en marzo o  día 6 será en Vilachá de Portocelo, o 13 en Morás e o 20 en Sumoas.

 

0.097687005996704