O Concello de Xove pon en marcha un Taller de Memoria
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Xove continuando co seu obxectivo de realizar actividades dirixidas a manter un envellecemento activo das persoas maiores do municipio, pon en marcha durante o mes de xullo o Taller de Memoria.
25 Jun 2020

Este ano, debido ás medidas de seguridade decretadas pola alerta sanitaria do COVID-19, a actividade non será presencial.
As persoas interesadas, maiores de 60 anos, deben contactar telefónicamente coa Educadora Familiar, Angélica Casabella, responsable do servizo. Unha vez anotadas, deberán recoller no Concello o material de memoria cada quince días.