O Concello de Xove pon en marcha un curso de socorrismo para actualizar coñecementos

AMariñaXa
Trátase dun curso de reciclaxe dirixido a profesionais do sector para mellorar as súas competencias
xove-socorrismo
4 Jan 2025

O Concello de Xove organiza un curso de reciclaxe de socorrismo acuático en instalacións, dirixido a profesionais do sector que desexen actualizar os seus coñecementos.

O curso terá lugar os días 11 e 12 de xaneiro de 2025 na Aula de Formación e nas Instalacións Deportivas Municipais de Xove. As prazas son limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición canto antes.

O prazo de inscrición estará aberto dende o 16 de decembro de 2024 ata o 9 de xaneiro de 2025, e poderá formalizarse de maneira presencial ou a través da sede electrónica do concello, dispoñible en xove.sedelectronica.gal.

Esta iniciativa pretende mellorar as competencias dos socorristas, garantindo unha maior seguridade nas instalacións acuáticas.

0.16493082046509