O Concello de Xove organiza unhas xornadas de promoción dos bolos no colexio

AMariñaXa
Un ano máis o Concello organiza unhas xornadas destinadas a promocionar o xogo dos bolos para os alumnos do colexio.
xornadas promocion bolos xove
17 Dec 2021

Un ano máis, e xa coa XXXIII Tirada de Bolos Concello de Xove en marcha, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte,  xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán de Xove, organizan unhas xornadas destinadas a promocionar o xogo dos bolos para os alumnos do colexio.

Polas Xornadas deste ano pasaron 16 alumnos de 5º de Primaria  o martes 14 de decembro  e 18 alumnos de 3º de Primaria e 23 de 4º o mércores 15. Quedan por participar os alumnos de 6º curso, que o farán nunha xornada por determinar en xaneiro do 2022.

As xornadas teñen  unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano  xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc. 

O obxectivo destas xornadas, ademais da promoción deste deporte en sí,  é o de incorporar novos xogadores á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos tivemos un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos xogadores e non haber relevo; debido a isto, o Concello hai 21 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores que puideran cubrir as vacantes producidas polas citadas retiradas de vellos xogadores. 

Lóxicamente, por idade, os mellores sitios onde se poderían atopar novos xogadores serían os centros educativos, neste caso o CEIP Pedro Caselles.

Estas Xornadas, que como dixemos,  véñense celebrando dende hai varios anos, contan  coa colaboración do Departamento de Educación Física do Colexio Pedro Caselles, neste caso co profesor Jacobo Varela, a quen lle damos as grazas pola colaboración prestada para organización destas actividades.

0.12451601028442