O Concello de Xove organiza unha charla para abordar a problemática do lobo
Dende hai unha tempada, nos distintos sectores do Concello, e en especial no dos gandeiros hai unha preocupación polas andanzas do lobo.
Estes, debido a distintos factores, cada vez baixan máis dos montes e xa non é raro que moitos veciños os atopen nas contornas das súas casas. Isto, lóxicamente, representa un problema, tanto para os animais como galiñas, vacas, cans,… como para a seguridade das propias persoas.
Debido a isto dende o Concello vaise realizar unha charla informativa para abordar esta problemática. Convocada polo alcalde e dirixida especialmente a todos os gandeiros aínda que está aberta a calquera outra persoa preocupada por este tema.
Este acto será o vindeiro luns 11 de outubro a partires das 19.30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.