O Concello de Xove organiza un ano máis o concurso de postais de Nadal
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai uns días unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concédense tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio; ademáis, unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello como felicitación das festas de Nadal 2022/2023
Cada concursante pode presentar un ou máis traballos a este Concurso, co cal terá máis opcións de gañar algún dos premios, iso sí, ningún concursante pode gañar máis dun premio. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
As postais deberán estar relacionadas con motivos navideños e realizaranse en cartulina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño de unha cuartilla ( medio folio). A técnica a empregar será libre: debuxo a lápis, rotuladores, ceras, collage, etc.
A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa postal a concursar, na Biblioteca Municipal con data límite 13 (incluído) de decembro de 2021.