O Concello de Xove levanta as restricións de uso da auga da traída
Debido á falta de chuvia e á seca correspondente o Concello de Xove impuxo o 31 de xullo unha serie de restricións de uso de auga da rede municipal.
Grazas ás abundantes precipitacións destes últimos días a rede de auga municipal vai recuperando os seus niveis normais, o que fai que dende o Concello se decidiu ao levantamento das restricións, para o cal emiteuse un Bando.
Dado que a auga é un ben limitado, dende o Concello pídese á poboación realizar un uso recomendable da auga e algunhas recomendacións que se poden ter en conta no uso diario son pechar as billar cando non se usen, ducharse no lugar de bañarse, regar as plantas de maneira sostible aproveitando auga de deshumidificores ou a auga da chuvia, lavar a roupa con cargas completas, ou usar deterxentes biodegradables.