O Concello de Xove investiu en melloras en varios viais co Plan Único da Deputación

AMariñaXa
O Concello de Xove fixo un investimento de 205.000 euros dentro do Plan Único da Deputación do 2022 para a mellora de viais de acceso.
xove vial acceo illade
12 Ago 2022

O Concello de Xove fixo un investimento de 205.000 euros dentro do Plan Único da Deputación do 2022 para a mellora de viais de acceso.  No que o Concello investiu 12.064,70 euros e a Deputación 193.236,00 euros.

A obra consistiu, básicamente, no acondicionamento de varios accesos aos núcleos de Prada e Illade na parroquia de Xuances e na Barxa na parroquia de Lago.

Así, no vial de Prada a Praia de Esteiro, acondicionaronse uns 1.609 metros e un ramal de 330 metros, de estrada cun ancho variable entre 3,70 e 4 metros.

No de acceso a Illade foron 946 metros e ramais de 629 + 500 metros, o que supón 2.075 metros cun ancho variable entre 3 e 4,7. E no de a Barxa á praia de Lago foron 979 metros cun ancho variable entre 4,50 e 11 metros.

En total foron case 5 quilómetros de viais aos cales primeiro se lles realizou unha limpeza, para pasar posteriormente a darlle unha capa de asfaltado en quente, rematando a actuación coa completa sinalización horizontal e vertical da estrada.

Esta obra, que conta cun investimento importante de 205.300,70 euros, mellora a seguridade dos desprazamentos nas áreas intervidas, deste xeito os accesos ás praias de Lago e Esteiro, así como a unha boa parte da parroquia de Xuances, melloran sustancialmente, proporcionando unha maior comodidade aos usuarios nos seus desprazamentos.

arranxo vial PORTOCELO A VILALPOL Xove
vial portocelo canelas Xove 1
0.23918509483337