O Concello de Xove instala o servizo telefónico Liña Verde

AMariñaXa
O Concello de Xove é consciente da necesidade de construír unha nova Administración e por iso puxo en marcha o servizo Liña Verde
incidencia telefono linea verde generica aviso
4 Nov 2022

O Concello de Xove é consciente da necesidade de construír unha nova Administración que de facilidades aos seus cidadáns; unha nova administración menos burocrática, máis próxima e máis participativa.

Por iso da un paso cara adiante e poñe á disposición da veciñanza unha nova ferramenta coa que poder xestionar incidencias e danos no equipamento urbano, en calquera momento, dunha forma fácil e rápida.

Para poder utilizar este novo servizo é necesario procder á descarga da APP Liña Verde. Para iso, o/a usuario/a accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu Smartphone (Android/ iOS).

Unha vez localizada, leva a cabo a descarga de forma gratuíta. A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.

Para comunicar unha incidencia, basta con picar sobre o botón Nova Incidencia. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ó botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado.

A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.

A través de Liña Verde, o usuario tamén pode expor calquera consulta ambiental. Basta con seleccionar a opción de Fai a túa consulta. Nun prazo máximo de 24 horas terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completamente gratuíta.

Ao servizo Liña Verde tamén se pode acceder a través do domino www.lineaverdedexove.es. Ademais de comunicar unha incidencia ou expor unha consulta, o usuario dispón dun amplo contido de consulta ambiental ( guía de boas prácticas, consellos, información propia do municipio etc…).

Liña Verde tamén ofrece os seus servizos a través de contacto telefónico no número 902 193 768 en horario de 8.00 horas a 17.00 horas (custo da chamada 0,07 €/ min).

Outra das posibilidades que ofrece esta ferramenta é o envío de comunicacións informativas por parte do Concello aos cidadáns que así o desexen. Desta forma, ademais de implantar unha canle para resolver incidencias de mantemento no municipio tamén podemos facer chegar a información de servizo público que se considere oportuna como o corte de tráfico dunha rúa, o horario de determinados espectáculos municipais, ou o corte de auga ou luz que se poida producir en calquera punto. Tamén poden consultar os principais puntos de interese que se localicen no municipio e información relevante sobre o mesmo.

lina verde xove 2022

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17986798286438