O Concello de Xove implanta o servizo de comunicación Línea Verde

AMariñaXa
O Concello de Xove vén de implantar o servizo de comunicación de incidencias a través de app móbil, web e contacto., Línea Verde.
xove linea verde
8 Feb 2022

O Concello de Xove vén de implantar o servizo de comunicación de incidencias a través de app móbil, web e contacto., Línea Verde.

"Grazas a esta iniciativa, os veciños do municipio poden beneficiarse das vantaxes que ofrece Línea Verde", din dende o Concello. Este servizo sirve como canal directo de comunicación dos desperfectos que se detecten no equipamento urbano do municipio.

Durante este mes, o Concello de Xove únese aos máis de 500 municipios que a nivel nacional dispoñen do servizo Línea Verde. A través deste canal de comunicación directo, os veciños poden poñer en coñecemento do Concello aqueles desperfectos que detecten na súa localidade. Grazas a esta ferramenta de participación cidadán, o Concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así, poder dar solución as cuestións comunicadas.

Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder a descarga da APP Línea Verde e para elo, o usuario accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu Smartphone (Android/Ios). Unha vez localizada, lévase a cabo a descarga de forma gratuíta. A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia.

O procedemento é moi rápido e sinxelo xa que para comunicar unha incidencia, basta con pinchar sobre o botón Nova Incidencia e un desplegable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece na pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar e de forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se ubica o desperfecto.

O seguinte paso é adxuntar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma e xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do desperfecto comunicado e a partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución a incidencia detectada. O cidadán a súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.

Ao servizo Línea Verde tamén se pode acceder a través do dominio www.lineaverdexove.es, ou ben a través de contacto telefónico no número 902 193 768 no horario de 8.00 a 17.00 horas (custo da chamada 0.07€/min).

O Concello de Xove anima aos veciños da súa localidade a utilizar o servizo Línea Verde. A través da implantación deste servizo e grazas a unha importante participación cidadán, pretende lograr un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social dos seus veciños.

0.21250700950623