O Concello de Xove fixo melloras no pavillón municipal de deportes

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
"De todas as instalacións sociais, deportivas e culturais do Concello, seguramente o Pavillón Municipal de Deportes sexa, senón a máis usada, si unha das máis utilizadas para realizar actividades de todo tipo", comentou o alcalde de Xove.
34963025_10156264907708847_2707272419592110080_n
7 Jul 2020

"De todas as instalacións sociais, deportivas e culturais do Concello, seguramente o Pavillón Municipal de Deportes sexa, senón a máis usada, si unha das máis utilizadas para realizar actividades de todo tipo", comentou o alcalde de Xove.

"Asociacións e  clubs danlle un uso regular e intensivo, ao cal temos que sumarlle a realización de cursos, clinics e eventos varios ao longo de todo o ano. Lóxicamente, o uso intensivo produce un desgaste nos distintos materiais que  componen a instalación. Non podemos olvidarnos que é unha instalación con máis de 30 anos de funcionamento pleno", engadiu. Debido a isto, por parte do Concello procedeuse nos últimos meses a realizar unha serie de obras interiores e exteriores no pavillón co fin de polo ao día.

Tres foron as cuestións abordadas nos últimos meses no pavillón a sustitución da cuberta de policarbonato, a mellora do aislamento acústico e térmico e a instalación de novas redes de protección nos fondos.

A cuberta de policarbonato estaba en mal estado, e ademáis o último temporal de febreiro provocou que moitas chapas quedaran soltas ou con froxedades, provocando goteiras e desperfectos nas madeiras, impedindo un bó desenvolvemento das actividades. Debido a isto, procedeuse á sustitución das chapas por outras novas, traballos que foron realizados pola empresa Evox Vertical. O custo desta actuación foi de 45.113,64 euros.

Pa a mellora do aislamento acústico e térmico primeiro procedeuse á retirada do aislamento existente,  o cal foi sustituido por un panel de fachada tipo sándwich, fabricado con lana de roca de 50 mm de espesor, con cara interior microperforada, o cal proporciona absorción e aislamento acústico, e mellora o comportamento frente ao fogo e o  aislamento térmico. Obra realizada por Iam Rumbo Instalaciones y Obras S.L. . O custo desta actuación foi de 45.252,87 euros.

Dentro das instalacións de novas redes de protección nos fondos foi causa de que as vellas estaban moi deterioradas, moi estiradas e con múltiples roturas. A empresa que se encargou de sustituir as redes, as cales ocupan totalmente os dous fondo do pavillón, foi Instalaciones Bahiapark. O custo desta actuación foi de 6.031,85 euros.

Como resumen, o investimento total realizado nas tres actuacións do pavillón foi de  96.398,36 euros, financiados integramente polo noso Concello.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17786884307861