O Concello de Xove fixo melloras na EDAR do parque empresarial de Camba

AMariñaXa
O Concello de Xove vén de facer melloras ambientais e operacionais na EDAR do parque empresarial de Camba. Cun orzamento de case 100.000 euros
xove parque empresarial Camba EDAR 12
xove parque empresarial Camba EDAR 12
5 Nov 2022

O Concello de Xove vén de facer melloras ambientais e operacionais na EDAR do parque empresarial de Camba.

 Esta obra de mellora tivo unha triple vertente. Por unha banda fíxose a renovación dos equipos de aireación dos reactores biolóxicos existentes, así como a instalación dun sistema integral de automatización e control.

E por outra rehabilitouse o entorno e dos elementos de peche da EDAR, así como a urbanización  do entorno das instalacións.

Esta importante obra, que vai mellorar moito a eficiencia da depuradora existente, foi realizada pola empresa Hicogal Tecnologías S.L.

O investimento final total  foi de 94.915,85 euros, financiado polo Concello o 20% e pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia o 80%.

xove parque empresarial Camba EDAR 1
xove parque empresarial Camba EDAR
0.18616390228271