O Concello de Xove entregou os premios do Concurso de Postais de Nadal 2022
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de novembro do pasado ano unha nova edición do Concurso de Postais de Nadal. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e rapaces de Xove de Primaria e de ESO, en especial aos alumnos do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Unha das postais premiadas neste Concurso foi seleccionada como postal institucional do Concello para as pasadas festas de Nadal.
Na categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos) os galardoados foron María Moreira Rego, Anaïs Romero Suárez e María García Val. Na categoría 1º e 2º de Primaria os premiados foron Azucena Fernández Riveira, Adrián Rego García e Leila Alcalde Fernández.
Na seguinte categoría, a de 3º e 4º de Primaria, Felipe Basanta Domínguez, Luka Purriños García e Nicolás Purriños García.
En 5º e 6º de Primaria, Paula Sánchez Pernas, Andrés Alcalde Fernández e Óscar Bértolo Casabella. E xa por último na de 1º a 4 º de Eso os agasallados foron Daniel Bértolo Casabella, Carla Casabella Puñal e Andrea Eijo Rodríguez.