O Concello de Xove devolverá os cartos das actividades suspendidas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Por mor do coronavirus, e tomando en conta unha serie de resolucións e normativas estatais e autonómicas, o Concello de Xove veuse obrigado a suspender unha serie de servizos, en especial actividades educativas, de ocio e tempo libre, deportivas, etc.
6 Jun 2020

Por mor do coronavirus, e tomando en conta unha serie de resolucións e normativas estatais e autonómicas, o Concello de Xove veuse obrigado a suspender unha serie de servizos, en especial actividades educativas, de ocio e tempo libre, deportivas, etc.

Debido a isto, un número importante de usuarios obrigados ao pago  non se atopan en disposición de poder recibir a prestación de determinados servizos pola mera imposibilidade de prestalos, polas circunstancias derivadas do coronavirus.

Segundo o anterior o Concello ven de publicar un comunicado coas devolucións e datas dos servizos municipais e devolverá media mensualidade de marzo de ioga, ximnasia, pilates, aeróbic, bordado,... así como os recibos de media mensualidade de marzo da escola infantil; tres mensualidades e media de ximnasia rítmica, e as cotas por cursos e actividades na piscina.

En relación coa prestación do servizo de actividade de ocio e tempo libre o Concello de Xove procede a devolución por importe correspondente a media mensualidade do prezo aboado pola prestación dos servizos durante o mes de marzo de: ioga, ximnasia de mantemento, pilates, aerobic e outras similares, bordado á man e encaixe de bolillos. Así mesmo, e con respecto aos meses seguintes, non procede liquidar o prezo público ata o comenzo da prestación dos respectivos servizos.

No tocante a prestación do servizo de escola infantil o Concello procede a devolución por importe correspondente a media mensualidade da tarifa aboada pola prestación do servizo durante o mes de marzo. Con respecto aos meses seguintes, non procede liquidar a taxa en tanto en canto non se reinicie a actividade educativa desenvolvida pola Escola Infantil.

No servizo de ximnasia rítmica fará a devolución por importe correspondente a 3 mensualidades e media do prezo aboado en concepto de matrícula durante o exercicio 2019.

No tema do servizo de piscina climatizada e instalacións deportivas anexas procederá á devolución do importe correspondente desde o 14 de marzo e ata o momento da nova apertura ao público da instalación, ben da piscina ou ben do ximnasio, a razón de 7,5 euros por mes completo.

Nas cotas de socio mensual o dereito ao uso das instalacións trasladarase a meses posteriores en función do importe das mensualidades aboadas. Os abonados con bonos de 15 usos permitirase o seu uso ata que o bono se agote eliminándose así para esta situación en particular a caducidade anual destes bonos. As cotas de abonado mensual terán o dereito ao uso das instalación trasladarase a meses posteriores en función do importe das mensualidades aboadas.

Os cursos da escola municipal de natación que estaban a realizarse no bimestre marzo-abril ofreceranse a continuación do cursiño noutra data que será comunidada con antelación suficiente, procedendo con respecto a aqueles usuarios que tivesen aboada a tarifa do bimestre e que renuncien ao remate do curso, á devolución do importe correspondente. No caso de usuarios que non tivesen efectuado o pago e renunciasen a completar o cursiño, deberán aboar o importe correspondente aos servizos prestados ata o 14 de marzo.

Os cursos para colectivos terán que facer a liquidación correspondente da taxa e tomarase en consideración, en canto ao mes de marzo, a prestación do servizo durante medio mes.

O Concello aprobará a mediados de mes axudas para empresas locais afectadas pola pandemia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17266511917114