O Concello de Xove convoca varias prazas

AMariñaXa
O Concello de Xove ten aberta a convocatoria para cubrir varias prazas de emprego no Concello. O prazo remata o 7 de xuño.
xove
24 Maio 2021

O Concello de Xove ten aberta a convocatoria para cubrir varias prazas, unha de limpadora, unha de educadora infantil, un auxiliar servizos sociais, un oficial de mantemento e un monitor de ximnasia.

O prazo para presentar as solicitudes remata ás 24 horas do 7 de xuño de 2021 e o sistema de selección será mediante de concurso-oposición.

Así, publicou as bases reguladoras para os postos nos que como requisitos especifícos ter o grado en ESO ou equivalente e ter coñecemento da lingua galega e poder aportar o CELGA 2 ou o equivalente debidamente homologado. Ademais, dos propios de cada praza como ser técnico en coidados auxiliares de enfermería ou a Diplomatura ou Grao en Maxisterio, Educación Infantil ou similar

As persoas interesadas poderán participar no proceso selectivo mediante unha solicitude na Sede Electrónica do Concello de Xove ou de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas en días laborables.

0.14936685562134