O Concello de Xove convoca unha praza de limpador de instalacións municipais

O Concello de Xove convoca un concurso-oposición libre dunha praza de limpadora de instalacións municipais con carácter temporal en interinidade co obxectivo de cubrir unha baixa de longa duración.
A xornada de traballo é completa, é dicir, de luns a venres e cun contrato que durará desde a finalización do proceso selectivo ata a reincorporación da traballadora que se atopa de baixa.
As persoas interesadas teñen á súa disposición a solicitude na páxina web municipal do Concello de Xove.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata este venres 21 de xaneiro.