O Concello de Xove continúa co seu plan de loita contra as velutinas

AMariñaXa
O Concello de Xove continúa co seu plan de loita contra as velutinas. A empresa SERPA que instalou por todo o Concello unhas 1.500 trampas.
campana contra as velutinas xove
21 Abr 2021

O Concello de Xove continúa co seu plan de loita contra as velutinas. Neste sentido, asinouse o pasado ano un convenio coa empresa SERPA (Servicio Privados Anti-Velutina) que reduxo nun 60% os niños de velutina. Este ano a empresa instalou por todo o Concello unhas 1.500 trampas xeolocalizadas co fin de chegar este ano ata unha reducción do 80% desta especie agresora. Así, o termo municipal está cuberto cunha verdadeira rede de trampas.

Cabe sinalar que esta campaña realízase durante os tres meses da primavera, do 15 de marzo ao 15 de xuño, e está orientada a capturar as raiñas de velutina xa que son elas as que crean os niños. "Isto ten que quedar claro, a campaña non está orientada a capturar as velutinas normais, son as raiñas o obxectivo, xa que sen raiñas non hai velutinas", explican dende o Concello.

Para continuar con esta loita de erradicación tamén hai que ter en conta á poboación local, a cal pode axudar moito a esta loita colocando as súas propias trampas. Con este fin, personal da empresa SERPA desprazouse ao Concello de Xove e instalou un posto no cal se repartiron gratuitamente trampas a todos os veciños que se interesaron.

Debido a covid-19, non se puido facer unha charla informativa dirixida aos veciños para explicarlles a maneira de construír as trampas. Xunto coas botellas-trampa que se entregaron, o personal explicou o funcionamento das mesmas e como construilas; xunto con cada botella iba un folleto explicativo no que se incluían dúas receitas ou misturas de líquido para a captura delas.

Mistura 1: 1 litro de zume de arandos + 1 bote de cervexa negra con alcohol.

Mistura 2: 1 litro de auga + 1 taciña de azúcar + 25 gramos de levadura de panadería.

Todo isto ten unha dobre vertente medio ambiental, por unha banda, a eliminación de raiñas e de velutinas contribúe  á conservación dos ecosistemas, e ademais, utilízanse botellas-tampa, para cuxa construcción se poden usar botellas de plástico,e así contribuese tamén ao reciclaxe, xa que lle estamos dando unha segunda vida a esas botellas, que poden ser usadas durante moito tempo para este  fin.

0.19428610801697