O Concello de Xove continúa co seu plan de loita contra as raíñas de velutinas
O Concello de Xove novamente ven de iniciar nesta campaña 2024 o trampeo profesional antivelutinas a través de un contrato coa empresa Serpa, a cal xa coas actuacións de anos anteriores conseguirá reducir notablemente os niños de velutina.
Este ano a empresa ven de instalar entre o 16 e o 19 de marzo sobre unhas 400 trampas xeolocalizadas e repartidas por todo o termo municipal para capturar reinas de velutinas que son as que fan agora en primavera os niños.
"É o momento de colocar estas trampas porque así capturándoas podemos evitar uns 3 niños que pode facer cada unha delas e uns 25000 ovos que chegan a poñer na súa vida útil", din desde o Concello.
As accións de trampeo en Xove prolongaranse ata xullo e levaranse a cabo unhas 6 reposicións de líquido atraente nas mesmas durante estes meses dando lugar a un total de 2400 reposicións que fan que as trampas estean funcionando permanentemente.
Se o anterior é importante, para continuar con esta loita de erradicación tamén hai que ter en conta á poboación local, a cal pode axudar moito a esta loita colocando as súas propias trampas.
"A redución do número de niños é notable cando se realizan ben os trampeos, podendo ser de un 75 % de niños menos si se fai ben este labor, polo que se pide colaboración aos veciños", sinalan desde o Concello, "preténdese que a xente saiba autoprotexerse ante a aparición de niños na contorna familiar, posto que os niños primarios que saen agora ao principio sempre comezan a colocarse a baixa altura e aconsellase colocar trampas tamén nos xardíns para evitar que as reinas construían eses niños cerca das vivendas".
Con este fin tamén está previsto que persoal da empresa Serpa se desprace ao Concello esta tempada, "seguramente un mércores para facer coincidir con día de mercado en Xove, e instale un posto no cal poida repartir gratuitamente trampas entre os veciños e veciñas que se interesen, á vez que asesoralos en todo o tema relacionado co trampeo para a loita contra a velutina", engaden desde o equipo de Goberno local.
O xerente da empresa sempre que fai entrega destas botellas-trampas achega un folleto explicativo, no que inclúe 2 receitas ou mesturas de líquido para a captura das raíñas.
Estas mesturas son 1 litro de zume de arandos e 1 bote de cervexa negra con alcohol, ou 1 litro de auga e 1 cunca de azucre + 25 gramos de lévedo de panadería.