O Concello de Xove colocou outro contedor de residuos téxtiles na Urbanización de Palmeiro

AMariñaXa
O punto limpo do Concello de Xove vén de mudar o horario de atención ao público, así, poderá ofrecer un mellor servizo
colector textil Xove 2023
4 Out 2023

Para facilitar a reciclaxe dos residuos téxtiles o Concello de Xove colocou outro contedor na Urbanización de Palmeiro. Con este son tres os colectores colocados no termo municipal.

Neste pódese botar calquer material téxtil ou produto fabricado con téxtiles que xa non se utiliza ou se considera non apto para a súa función orixinal. Isto abarca unha ampla variedade de artículos, dende prendas de vestir e roupa de cama ata calzado, accesorios, téxtiles para o fogar....

Por outra banda lémbrase que o punto limpo do Concello de Xove estará aberto ao público os luns de 8.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas, de martes a venres de 8.00 a 15.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Hai que lembrar que contan cun servizo gratuito de recollida a domicilio de plásticos agrícolas, de materiais como mobles, electrodomésticos, colchóns, etc. Tan só haberá que chamar ao teléfono 618 661 166.

Así mesmo informan de que nos colectores de lixo que están na rúa está prohibido depositar herba cortada, restos de animais mortos, materiais de obra, pneumáticos.

colector textil Xove 2023
0.14435005187988