O Concello de Xove cancela a romaría de San Antonio da Rigueira
O Concello de Xove comunicou a cancelación da romaría de San Antonio da Rigueira.
"Por primeira vez nos once anos que levamos traballando para recuperar a afluencia á romaría do San Antonio da Rigueira o 13 de xuño, este ano 2020, debido á pandemia mundial do Coronavirus e co fin de garantir a saúde de asistentes, voluntariado e persoal municipal, vémonos na obrida de cancelar todas as actividades do plan de recuperación municipal da romaría do San Antonio Ventureiro", comentaban.
Deste xeito, cancélase a organización e reunión de romaxe nos distintos puntos á igrexa, a apertura de todos os puntos de selado e a recepción, entrega de Venturas e flores na carpa que se habilitaba na Rigueira.
"O ano que vén volveremos a facer xuntos o camiño ao noso San Antoniño Ventureiro. Coidádevos moito ata entón", engadían.