O Concello de Xove autoriza os traballos previos para o recrecido da balsa de lodos de Alcoa

AMariñaXa
A actuación permitirá elevar a cota do dique ata os 104 metros para prolongar a vida útil da fábrica
alcoa-balsa-lodos-vermellos
27 Mar 2025

O Concello de Xove concedeu o permiso necesario para que Alcoa poida levar a cabo os traballos previos ao recrecido da balsa de lodos, unha infraestrutura clave para a continuidade da actividade da factoría. O proxecto contempla elevar a altura do dique desde os 100 metros actuais ata os 104, permitindo así prolongar a capacidade de almacenamento dos residuos e garantir o funcionamento da planta a longo prazo.

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, confirmou que "as que solicitaron no concello foron concedidas todas", despois de que a empresa abonase a taxa correspondente.

Segundo as previsións da multinacional, o proxecto terá un custo estimado de 12 millóns de euros e un prazo de execución aproximado de ano e medio. Esta ampliación é unha medida estratéxica para a continuidade da fábrica, xa que os lodos vermellos que se xeran no proceso produtivo son depositados nesta balsa.

⚙ Configurar cookies
0.1592161655426