O Concello de Xove aproba unha modificación do IBI

AMariñaXa
O Concello de Xove aproba unha modificación da ordenanza fiscal do imposto sobre bens inmobles que foi aprobada no Pleno Ordinario.
Concello de Xove edificio casa consistorial
19 Abr 2023

O Concello de Xove aproba unha modificación da ordenanza fiscal do imposto sobre bens inmobles que foi aprobada no Pleno Ordinario.

O máis importante desta modificación é que terán dereito a unha bonificación na cota íntegra do imposto de bens inmobles os suxeitos pasivos que ostenten a condición de persoas titulares de familia numerosa na data de devindicación do imposto, sempre que todos as persoas integrantes da dita unidade familiar estean empadroadas no Concello de Xove, o ben inmoble sexa de carácter residencial, sexa propiedade da persoa solicitante, constitúa a residencia habitual de todas as persoas integrantes da dita unidade familiar e o seu valor catastral non supere os 200.000 euros.

Esta modificación beneficia ás familias numerosas, supoñendo unha importante axuda económica ás mesmas, que verán rebaixados, deste xeito, os impostos que estaban pagando por este concepto.

Dita bonificación poderá ser aplicada con diferentes porcentaxes segundo a categoría de familia numerosa. O 50% para categoría xeral e 90% para especial.

Terán dereito a unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto os bens inmobles de carácter residencial unifamiliar destinados ao uso de vivenda que instalaran sistemas para o aproveitamento térmico e/ou eléctrico da enerxía proveniente do sol.

"Lóxicamente, esta é unha aposta por potenciar as enerexías renovables, animando deste xeito a que os veciños de Xove instalen paneis solares homologados nos seus domicilios, co fin de diminuir as emisións de gases, favorecendo un entorno máis limpo e saudable", din dende o Concello.

Será necesario, en todo caso, que os sistemas de aproveitamento térmico instalados polos veciños dispoñan dunha superficie mínima de captación solar útil de 4 m2 por cada 100 m 2 de superficie construída e que os sistemas de aproveitamento eléctrico dispoñan dunha potencia instalada mínima de 5 Kw por cada 100 m2 de superficie construída. Estes requisitos non serán exixibles cando a superficie construída sexa inferior a 100 m2.

0.098200798034668