O Concello de Xove adquiriu un novo vehículo biotriturador de residuos
O Concello de Xove vén de adquirir un novo vehículo biotriturador de residuos que vai formar parte dos servizos de mantemento viario e de parques e xardíns do Concello.
Para a adquisición deste vehículo o Concello acolleuse a unha axuda da Xunta para financiamento de actuacións en materia de biorresiduos. Trátase dun plan no que tamén participa a Unión europea con fondos NextGeneration e tamén o Estado a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.
Dentro da orden, ao Concello correspondéronlle 28.858,50 euros en concepto de axuda (90% da financiación), correspondendo o restante 10% a fondos propios.
Para adquisición do citado vehículo abríuse un proceso de licitación, que gañou Mercantil Agroforestal Rouco S.L.U., empresa que presentou o modelo de biotrituradora FORST ST6P, cun prezo total de 32.065,00 euros.
Esta máquina, primeira deste tipo que ten o Concello, vaise usar para triturar restos de podas, troncos de ata 20 cm. de diámetro, etc. Estes restos triturados poderían usarse como abono, ou ben quedar no mesmo sitio xa que son biodegradables.
Sen dúbida, unha moi boa noticia para os Servizos Municipais de Mantemento Viario e de Parques e Xardíns, que hai uns días estrenaban unha nova máquina barredora e agora van contar con esta potente ferramenta e facilitar unha ampla mellora destes servizos prestados aos cidadáns.