O Concello de Xove acolle un curso de socorrismo en espazos naturais
AMariñaXa
O Concello de Xove acolle un curso de socorrismo en espazos naturais. Será do 10 de xaneiro do 2022 ao 16 de maio
22 Nov 2021
O Concello de Xove acolle un curso de socorrismo en espazos naturais con certificado de profesionalidade. Este taller será impartido do 10 de xaneiro do 2022 ao 16 de maio en horario de luns a venres de 16.00 a 21.00 horas.
Esta destinado a persoas desempregadas e ata un 30% de persoas en activo. Para participar é necesaria a previa inscrición na oficina de emprego de Burela ou na páxina web de emprego.xunta.es.