O Concello de Viveiro supera con éxito a campaña de reciclaxe Únete ao reto
O Concello de Viveiro superou con éxito a súa participación na campaña ‘Únete ao Reto’, organizada por Ecoembes e a Xunta.
A iniciativa pretendía mellorar a reciclaxe no contedor amarelo e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de facelo correctamente. Tiña unha duración de tres meses, na que os concellos debían asumir o reto de mellorar a súa achega de envases lixeiros ao colector amarelo. Latas, briks e envases de plásticos eran o tipo de residuos que se debían depositar neste contedor.
O reto pretendía mellorar, cando menos, nun 10% a achega destes envases en comparación co mesmo periodo do ano pasado. Viveiro conseguiuno, como o ano pasado, e recibirá 2.000 euros para destinar a unha causa social local da súa elección, neste caso Aspanane.
“Estou moi satisfeita por un dobre motivo; primeiro por ser testemuña de que como os veciños de Viveiro apostan pola reciclaxe e o coidado ambiental, e segundo por poder doar o premio por superar o reto a Aspanane, que fai un gran traballo todos os días para conseguir a integración na sociedade das persoas con discapacidade intelectual, mellorando a súa calidade de vida e a das súas familias”, afirma María Loureiro, alcadesa de Viveiro.