O Concello de Viveiro repón 40 árbores na avenida Ramón Canosa
AMariñaXa
A Tenencia de Alcaldía de Viveiro repuxo estes días 40 árbores na avenida Ramón Canosa e na contorna da piscina municipal.
17 Mar 2024
A Tenencia de Alcaldía de Viveiro repuxo estes días 40 árbores na avenida Ramón Canosa e na contorna da piscina municipal. “Estamos facendo actuacións de forma continua para manter Viveiro nas mellores condicións e o máis ordenado posible”, sostén Míriam Bermúdez. Este tipo de tarefas continuarán nas próximas semanas por diferentes zonas de Viveiro.