O Concello de Viveiro reorganiza a Policía Local cun novo xefe en funcións

AMariñaXa
A decisión baséase na lexislación vixente e na necesidade de garantir o bo funcionamento do servizo policial
lector-microchip-policia-viveiro
25 Mar 2025

O Concello de Viveiro dá un novo paso na reorganización da súa Policía Local coa designación do axente Germán Bouso como xefe en funcións. A alcaldesa, Mariña Gueimunde, asinou o nomeamento, baseándose no artigo 27.5 da Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia. O cargo terá carácter provisional ata que se complete o proceso para cubrir a praza de maneira definitiva.

A alcaldesa subliñou a necesidade de recuperar a estabilidade no servizo policial, considerado esencial para a seguridade e o benestar da cidadanía.

A lexislación establece que, ante unha vacante na xefatura, a responsabilidade debe recaer nun funcionario da mesma categoría ou, no seu defecto, nun de categoría inmediatamente inferior, sempre atendendo a criterios de mérito e capacidade.

Para garantir a transparencia na elección, o Concello abriu un prazo de cinco días hábiles para que os propios axentes puidesen presentarse voluntariamente. E posto que non se presentou ningunha candidatura, o goberno municipal tomou a decisión de propoñer a Bouso, avalado pola súa traxectoria e pola experiencia previa.

 

⚙ Configurar cookies
0.11933994293213