O Concello de Viveiro rematou as melloras na travesía viveirense da Igrexa, en Covas

AMariñaXa
O Concello reamatou as obras de reposición da urbanización e mellora dos servizos urbanos existentes na travesía da Igrexa, Covas. 
viveiro travesia da igrexa renovada maio 2022
27 Maio 2022

O Concello de Viveiro rematou as obras de reposición da urbanización e mellora dos servizos urbanos existentes na travesía da Igrexa, Covas.

Estes traballos de reposición da urbanización e mellora dos servizos urbanos existentes xa están rematados, polo que en breve se vai proceder á súa recepción.

O obxectivo desta actuación era repoñer a pavimentación do vial en toda a súa lonxitude e mellorar os servizos urbanos existentes, realizando unha reestruturación integral dos mesmos para garantir a súa funcionalidade.

Con este fin, procedeuse á reposición do antigo pavimento, formado por unha soleira de formigón, substituíndoo por outro con pedra en todo o frente da Igrexa. Ademais, realizouse a reposición da rede de pluviais e das escaleiras existentes, a canalización do alumeado público e a dotación de novas barandas.

Esta actuación, cun custe de 78.045 euros, inclúese dentro Plan Único de Cooperación cos Concellos 2021 da Deputación Provincial de Lugo. Unha vez finalizada esta obra, o Concello de Viveiro vai proceder a dotar a zona da Igrexa dunha nova iluminación. 

Doutra banda, o Concello de Viveiro realizou as xestións oportunas coa Igrexa para o uso duns espazo duns 50m2 para a ampliación do vial e a prestación de servizos para os veciños. 

0.22112894058228