O Concello de Viveiro recoñecida como Cidade Amiga da Infancia de Unicef

AMariñaXa
A alcaldesa, María Loureiro, asegura que é unha responsabilidade para realizar proxectos para a mocidade
Cidade-2
10 Dec 2024

O Concello de Viveiro recibe en Madrid o recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia de Unicef, despois de varios anos sendo candidata a esta distinción. “Un orgullo e tamén unha responsabilidade para Viveiro”, asegurou no acto de entrega da distinción a alcaldesa, María Loureiro, coa que tamén estivo a concelleira de Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega.

O acto contou coa presenza de Sira Rego, ministra de Infancia e Xuventude, e Gustavo Suárez-Pertierra, presidente de UNICEF España. “O de hoxe foi o resultado de varios anos de traballo”, engadiu Loureiro.

"Asumimos esta distinción coa responsabilidade de levar adiante proxectos para a mocidade, para a rapazada e para a infancia de Viveiro", apunta a rexedora. “Traballamos a diario para que Viveiro sexa un lugar mellor e máis amable para os nosos pequenos e pequenas", conclúe.

0.15036797523499