O Concello de Viveiro recibe case 300 solicitudes en tres días para as axudas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro recibiu en só tres días un total de 294 solicitudes para optar ás axudas ao impulso da actividade económica, ás que poden optar os autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais sen personalidade xurídica, obrigados a suspender a actividade pola pandemia.
29 Jul 2020

O prazo para a presentación de solicitudes comezou o xoves 23 de xullo e  prolongarase ata o vindeiro 23 de agosto de 2020. Nestes tres días, presentáronse as citadas 294 solicitudes, unha cifra importante que vén a avalar este Plan de reactivación económica posto en marcha polo Concello de Viveiro, en virtude do acordo asinado entre o goberno municipal e o grupo Por Viveiro, co obxectivo de minimizar o impacto social e económico provocado pola pandemia do COVID-9. 

Dende o Goberno local valórase positivamente a gran cantidade de solicitudes presentadas e lémbrase que estas axudas, ás que se destinan un total de 400.000 euros, establecen un importe de 850 euros por cada beneficiario.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18246006965637